O fascismo da sinrazón
Na madrugada de hoxe, algún "tolerante" vido a menos atacou cun cóctel molotov a sede do Partido Popular de Nigrán, local na que se festexou esta fin de semana a I Escola de Formación "Ángel Latas" de Novas Xeracións da Provincia de Pontevedra.
Qué penosa proba de que as cousas non están mudando nada nas mentes desta xente fanática que, á maneira desa banda terrorista que por desgraza temos en España, xustifican a súa violencia con argumentos tan pobres como irracionais.
Unha vez mais temos que lamentar e condenar un acto de fascismo que pretende impoñer unha maneira de facer e de ver a vida que se alonxa moito do que é a verdadeira democracia.
Mentres existan persoas que xustifiquen a violencia contra unhas ideas, teremos que seguir loitando, pero non con bombas nin con violencia, senón con palabras, con argumentos, con debates , en definitiva, con aquelas cousas das que esta xente non quere saber nada, simplemente porque non saben ou porque non teñen.
Con todo isto, quero transmitir o meu mais absoluto apoio ao PP de Nigrán e ao seu Presidente Alberto Valverde, para que sigan coa súa labor sen deixarse amedrentar por unha panda de fanáticos sen ningún merecemento de respeto.