... E Xaime non llela meteu dobrada a ninguén
Ante o cambio de opinión de Pepiño Blanco, quen fai uns meses dicía que de ampliación da Autopista A-9 na Ponte de Rande nada de nada, e agora onde dixen digo digo Diego e amplíase polas súas narices, convocouse pola petición dos veciños de Chapela o Consello parroquial, onde se acadou un acordo para elevar a Fomento unha proposta cunha serie de peticións, entre as cales figura o rexeitamento da ampliación da Ponte, a supresión da peaxe Rande-Vigo, a colocación de pantallas para disminuir o ruido, etc...
Dita proposta traíase ao Pleno para aprobala unánimemente, xa que todos coincidimos en que non é viable para Chapela soportar outra infraestructura mais na parroquia, amén de que a mesma non ía solventar os problemas de tráfico.
Pero chegou a enmenda.... (urxir a construcción da A-59)

Unha enmenda do PSOE que non formaba parte da proposta acordada cos veciños no Consello, unha enmenda que o único que pretendía era obrigar ao Partido Popular a votar a favor da urxencia de construir outra infraestructura mais no Concello que perxudica gravísimamente aos veciños do Viso , os cales levan 3 años loitando por salvar as súas vivendas.
Unha enmenda que en teoría, e só en teoría, beneficia a Chapela (cousa bastante cuestionable) pero písalle a cabeza sen compaixón a outra parroquia.
Unha enmenda que pretendían engadir ao texto da proposta para votar todo xunto unánimemente. Intentar o intentaron, pero non puideron xogar nin con nós nin cos veciños facendo o que lles peta, xusto o que están acostumados a facer neste goberno local.
Votándose por separado, aprobouse co voto a favor de tódolos grupos políticos o rexeitamento da ampliación da Ponte de Rande, e ademais, cos votos a favor da enmenda do PSOE e BNG e os votos en contra do PP, nós nos mantivemos na nosa oposición á construcción da A-59 permanecendo así ao lado dos veciños, que é o que o Goberno local debía facer, aínda que non entenden moito de defender os intereses de Redondela, está claro.
Toño dijo
Ya resulta muy cansino estar continuamente soportando toda la sucesión de aberraciones de este "señor alcalde" y de toda su corporación municipal.
Ya es hora de abandonar las "quejas de cafetería " y plantearse seriamente que el Ayuntamiento de Redondela y todas sus gentes, se merecen un gran respeto y sobre todo un gran cambio en la alcaldía, porque de seguir quienes ahora se encuentran al frente de la misma lo único, y vuelvo a repetir, lo único que nos van a ofrecer es más de lo mismo, eso sí, adornado con grandes florituras demagógicas y con grandes promesas que lamentablemente siempre quedan con la coletilla "estamos en ello".
Creo que ya es hora de que actuemos con responsabilidad e implicación en todo aquello que nos incumbe y actuar con seriedad para dar un cambio rotundo a este Ayuntamiento.
De no hacerlo, después no nos lamentemos.
27 Mayo 2010 | 12:31 PM