La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

25 Junio 2010

O burka xa é historia nas rúas españolas... bravo!

O Senado deulle luz verde onte ao inicio da prohibición do uso do burka nos espazos públicos do noso país... BRAVO!

Alicia Sánchez Camacho, Senadora do Partido Popular, presentou unha moción que instaba á prohibición do uso do burka en espazos públicos. Curiosamente, o PSOE  votou en contra... impresionante se temos en conta que foron os creadores dun Ministerio da Igualdade que aínda non sabemos moi ben a qué se adica... aínda que debería protexer ás mulleres neste tipo de cousas.

http://www.abc.es/20100625/nacional/aido-sostiene-prohibir-burka-20100625.html

Un atentado contra a dignidade das mulleres, un xeito de escravitude que altera a percepción da realidade por unhas pobres víctimas dos complexos de inferioridade dos homes que as obrigan a levalo... ¿alguén querería levar voluntariamente un burka?

Nas clases que recibín de antropoloxía na facultade de Filosofía, debatemos un día de cuestións coma éstas... ¿Todo o que se fai en nome dunha cultura debe considerarse cultura e respetarse? e polo tanto... ¿debemos acudir ao relativismo cultural que nos insta a non xulgar ás demais culturas dende a propia nosa para non caer en prexuizos?

Nese debate a miña profesora dixo algo que me quedou grabado na mente a lume  e co que estou plenamente dacordo... TODO O QUE ATENTE  FÍSICAMENTE (eu engado "e psicolóxicamente") CONTRA AS MULLERES (ou homes, pero curiosamente isto nunca sucede) DEBE CONSIDERARSE UN ATENTADO E NON UNHA MANIFESTACIÓN CULTURAL.

Agardo atoparme un día coa miña profesora para darlle as grazas por aquela clase, e agardo non atoparme nunca mais cunha muller que porte un burka...

Tags: burka, senado

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera