La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

7 Julio 2010

A deshumanización da política en Redondela

Onte, no Pleno ordinario de xuño, festexado en xullo pola gracia de Xaime, puidemos escandalizarnos da actitude xa non dictatorial que vin denunciando neste blog xa fai tempo, senón dunha inhumanidade que xa raia no incrible...

O Partido Popular presentou unha moción para acordar arranxar o camiño de acceso a unhas casas na parroquia de Chapela, que só poden acceder a pé por unha pendente sen asfalto e sen alumeado, e o PSOE e BNG votaron en contra negándolle un dereito fundamental e básico a estas persoas que viven alí día a día, ríndose deles prácticamente na súa cara e mostrando o seu lado mais cruel.

No momento en que unha das veciñas protestou e expuso as verdadeiras razóns polas que non se arranxaba o camiño, e ante os coloretes que lle sacou ao noso Alcalde ao dicir a suposta verdade, éste botouna do salón de Plenos, sufrindo a muller unha crise de ansiedade que a levou a un desmaio.

O noso Alcalde e os concelleiros de goberno, sen inmutarse, pretendían continuar co Pleno coma se nada ocorrese, cun simple "déixaa, xa virá a ambulancia" por parte de Rei.

Ante a negativa da oposición a continuar, e ante as protestas dos veciños asistentes, suspendeuse momentáneamente o Pleno ata que chegou a asistencia médica.

Unha mostra mais da desvergoña que existe neste Concello, da pouca importancia que os veciños teñen para o Alcalde, da deshumanización que mes a mes podemos ver lamentablemente no salón da casa consistorial... i eu podo dicir que cada vez que se da unha situación do estilo, paso vergoña polo xeito de actuar e burlarse da xente do que se di o Alcalde do pobo.

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/07/07/0003_8596055.htm

Tags: plenos, redondela

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera