...e a constancia segue a primar sobre a validez
Fai uns días, ao abrir o xornal, case pego un berro de alegría ao ler a nova de que a Consellería de Educación mudaba o criterio para nomear ao persoal interino na docencia.
Hoxe volve a decepción...
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/09/14/0003_8724502.htm
Sempre mantiven a opinión de que no referente a unha oposición, o que debe contar é a validez dunha persoa que demostre nas probas que hai que pasar (que non son para nada fáciles nas oposicións de educación) que está capacitado para facer o traballo, e non só iso, senón que é mellor que os demais candidatos.
Por desgraza, entran no xogo os "méritos", que hoxe en día non só teñen en conta o tempo traballado na Administración , senón que suman os puntos acadados por facer cursos que agora ofertan os sindicatos a uns prezos que provocan desmaios a mais de un...
¿Non se pode dicir que aqueles que reclaman igualdade no acceso aos empregos, como son os sindicalistas, están a provocar unha nova discriminación entre aqueles que poden costearse os cursos e os que non poden?
¿Non é mais racional eliminar os méritos e facer oposicións sen concurso para que os mestres e profesores sexan os mellores o non os mais constantes que ven premiada a súa teima e non a súa validez coma docentes?
Está claro que aínda queda moito por facer no mundo da Educación, e o cambio de mentalidade dos políticos e dos sindicatos é clave para conseguir unha mellora na formación dos nosos fillos.