Os recortes aos funcionarios
Estes días non facemos mais que escoitar nos medios de comunicación medidas drásticas que os gobernos de tódolos países están tomando para facer fronte á crise que estamos sufrindo a escala mundial.
A situación económica que temos, leva aos políticos a tomar decisións difíciles, que estou segura que non queren tomar, ben porque non son xustas, ben porque a factura política que lles pasa é alta. Nembargantes, non lles queda outra alternativa, xa que diso depende que se manteña o Estado tal e coma o coñecemos, coas súas prestacións por desemprego, as súas subvencións para apoiar o deporte, a cultura e a solidariedade, coas súas convocatorias anuais para acceder ao emprego público, coas súas axudas aos dependentes, etc.
Súbennos os impostos, os recibos da luz, da auga e do gas. Pero moitos cidadáns, acostumados aos reaxustes que o presuposto familiar ten que ter ano tras ano, fan maxia e estiramentos varios co diñeiro, e logran axustarse o cinto de maneira xenial e saír adiante. Outros non tan afortunados sobreviven coas pagas de xubilación dos maiores que conviven nos seus fogares. E os mais afectados,tanto polo peche das empresas que lles daban de comer como pola perda da súa vivenda, quedan na mais absoluta indixencia.
E ante esta situación que os traballadores sofren, surxe a problemática do funcionariado. O funcionariado ao que eu mesma estoy intentando acceder dende hai tempo. A clase privilexiada con traballo fixo e cun soldo decente que non ten que temer polos pagos da hipoteca, porque sabe que mes a mes vai ter a súa nómina ingresada no banco puntualmente. Estes traballadores públicos que cobran diñeiro derivado dos impostos de todos, non queren axustarse nin no mais mínimo, en nada, porque todo para eles é un ataque persoal cara a función pública.
Na miña opinión, se os sindicatos que agora van facer un ruido padre para, segundo eles, defender os "dereitos" dos empregados públicos, fixeran o mesmo ruido ou mais cando se despilfarraba sen ton nin son, baleirando as arcas públicas, agora non estariamos tan apretados. Pero os sindicatos mais potentes preferiron mirar para outro lado cando recibían subvencións millonarias a cambio de estar quedos e calados. Soportaron recortes no plano laboral sen facer demasiadas protestas, só un pouquiño para non parecer uns parásitos que viven do conto, e non pasou nada cando ZP e compañía baixaron os soldos dos funcionarios.
Iso si, que os días de asuntos propios ao funcionariado non llos toquen, que os pobriños teñen que ter mais vacacións que a media nacional, que están moi cansos e teñen dereito a quedar na cama de vez en cando para non estresarse demasiado no seu posto de traballo pagado por todos.
Eu, como opositora, sinto vergoña das protestas que está xerando o paquete de medidas da Xunta, e lonxe de unirme ás protestas, apláudoas, porque custa moito entrar na Administración a traballar, dou fe, pero iso non xustifica o privilexio de ter 9 días anuais de asuntos persoais, que a maioría dos funcionarios reservan para decembro, co fin de poder ter unhas vacacións de Nadal envexables, amén do mes en verán, que é sagradísimo, por suposto. Non xustifica ter comida ou cea gratis no centro de traballo, nin moitas outras cousas que os funcionarios, indignadísimos, califican de "dereitos adquiridos".
En tempos coma os de hoxe, non caben protestas por que a Administración retire privilexios negociados polos sindicatos, só cabe alegrarse de non quedar no paro sendo traballador público, de intentar entre todos, asumindo que por forza ten que haber recortes, non chegar á situación de Grecia, onde van botar á rúa a 15.000 funcionarios. Iso sí que é triste co que custa aprobar as oposicións...
Ro dijo
muller eu creo que sí son dereitos adquiridos,e sempre somos os traballadores os que debemos pagar SEMPRE os efectos das crisis creadas polos capítalistas (bancos, multinacionais e demais..) e sí creo que todos podemos facer algo para sair desta crise na que nos meteron e que nos non pedimos,,nin tivemos nada que ver..PERO QUE EMPECEN ELES, a clase política, as multinacionais,os bancos, recortandose salarios, dietas e demais beneficios de "luxo" que teñen e que logo pidan o pobo que aprete o cinto,,,e moi cómodo pedir sempre a poboación que carge sobre as suas espaldas o mal facer dos gobernantes e demais cando eles NON DAN EXEMPLO, pois non,non meparece bem que recorten eses dereitos adquiridos,,,cando eles non o fan, siguen desfalcando arcas dos concellos, con coche oficial, demasiados asesores, catering privados en avións privados, O CARALLO vou recortar eu os meus días,,(sexa funcionario ou non)hai que loitar polos poucos dereitos que temos, e cartos hai de sobra o caso é onde están..pois no peto dos ricos,,,as crises valen para que os ricos faganse maís ricos os pobres maís pobres e a clase media baixe, pois que eles os capítalistas paguen a crise que son os culpables,,,que non jodan o pobo o pouco que ten..beijos
7 Febrero 2012 | 06:24 PM