O Partido Popular de Redondela solicita, unha vez máis, que o Alcalde Xaime Rei e o concelleiro de Medio Ambiente Carlos Pazos deixen de mentir ós cidadáns respecto das obras do AVE realizadas no municipio. “A realidade é que este bigoberno está deixando ós veciños de Redondela nunha situación de indefensión total, atentando contra a calidade de vida de todos os afectados”, explica a presidenta do PP local Francisca Canal.
Despois de que Emilio González Iglesias, concelleiro de Urbanismo, dixera fai uns días nunha comisión de seguimento que os veciños estaban moi satisfeitos coas xestións levadas a cabo, agora Xaime Rei di que “lle parece ben” a denuncia no xulgado dos afectados pola obra; un sen sentido. A isto hai que engadirlle as palabras do propio Carlos Pazos que declarou, o pasado ano, que “os afectados terán que apechugar coas consecuencias negativas, non só os de San Esteban de Negros, senón tamén os das parroquias de Cesantes e Reboreda”.
O Partido Popular xa advertira da situación á que se chegou. Foi o 27 de agosto de 2008 cando os populares presentaron unha moción, finalmente rexeitada, na que se solicitaban a creación dunha comisión de seguimento das obras do AVE na parroquia de San Esteban de Negros coa finalidade de comprobar a súa evolución, vixiar que non existise ningunha modificación respecto do proxecto inicial e facer cumprir as medidas correctoras para garantir da protección de ruídos e vibracións en áreas habitadas.
Unha comisión que debería estar formada polo Alcalde ou concelleiro de Urbanismo, o concelleiro de Medio Ambiente, un concelleiro do Partido Popular, outro do Partido Galeguista, o arquitecto municipal ou aparellador, un representante de Fomento e outro en nome do conxunto dos afectados.
A moción non se levou a cabo e o que se constituíu foi unha comisión política e non técnica, feito que levou á situación actual, pois “sen a presenza do arquitecto ou aparellador nin tampouco dun representante de Fomento, que dese traslado dos estudos e informes obrigados a elaborar ó longo da execución das obras garantindo a seguridade e a boa evolución das mesmas, era evidente o que sucedería”, sinala Canal.
Como sempre, “Xaime Rei e Carlos Pazos, considerados xa os dous alcaldes de Redondela, só velan polos seus propios intereses deixando de lado os dos veciños, os realmente afectados e sen ningún tipo de apoio por parte do Concello; trátase, unha vez máis, dun paripé deste bigoberno”, conclúe a voceira popular.
![if>![if>![if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[endif]-->!--[endif]-->!--[endif]-->!--[endif]-->!--[endif]-->![endif]>![endif]>![endif]>![endif]-->![endif]-->![endif]-->![endif]-->